POXA | FEIRA INTERNACIONAL DE CREMONA

Albon Yule Sunrise, vendida a España por 4.300 euros

Albon Yule Sunrise, vendida a España por 4.300 euros

As ganderías españolas Ricardo Abascal (Madrid), La Sielma (Zamora) e Ganadería Baldomero (Asturias) compraron esta xovenca, Albon Yule Sunrise, na poxa celebrada este pasado fin de semana no marco da Feira Internacional de Cremona por 4.300 euros.

Dunha familia recoñecida a nivel nacional, a nai (MB89) é irmá de Albon Blooming Kira (EX90), reserva absoluta do nacional 2019, e a súa avoa, Albon Alibaba Ilary (EX91), foi campiona de categoría no nacional de 2013, 2015 e 2016 e vaca do ano en 2017.