Aberto o prazo de presentación de solicitudes para as axudas da PAC 2023

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para as axudas da PAC 2023

A liña de axudas directas da Política Agraria Común (PAC) para 2023, cuxo prazo de solicitude abriu hoxe e se estenderá até o 31 de maio, repartirá 4.875 millóns de euros entre uns 650.000 agricultores e gandeiros. Estas axudas corresponden á primeira campaña na que se aplica o Plan estratéxico nacional da PAC 2023-2027, poderanse abonar en forma de anticipos a partir do 16 de outubro e completar o saldo a partir do 1 de decembro de 2023.

O prazo de presentación de solicitudes, de tres meses de duración, non contempla posibles prórrogas para esta campaña. Unha vez finalizado o período, os agricultores poderán presentar unha modificación da súa solicitude, entre o 1 e o 15 de xuño, para incluír os posibles cambios que se produciron no seu plan de traballo.

Como en campañas anteriores, a solicitude única debe dirixirse á autoridade competente da comunidade autónoma na que se atope a explotación, ou ben a maior parte da súa superficie. En caso de non dispor de superficie, presentarase na comunidade autónoma na que se atope o maior número de animais.

Os tipos de axuda que se poden solicitar nesta campaña 2023, cos seus correspondientes requisitos, van dirixidos a: réximes de axuda desacoplados, réximes en favor do clima e medio ambiente (ecoréximes), réximes específicos de axudas por superficie e axudas á renda asociada.