O destino desta gandería está asegurado e nas mellores mans. Álvaro, Ana e a súa filla María, incorporada hai tan só un ano, saben que o éxito pasa por profesionalizarse ao máximo, contar coas novas tecnoloxías e apoiarse nos mellores profesionais. O primeiro dos seus pasos para conseguir ese obxectivo foi a robotización do muxido nos últimos meses. En Vaca Pinta 24 adentrámonos en Portalousa SC para coñecer como é o seu día a día e cales son os seus plans de futuro.
Podes ver a entrevista en vídeo sobre estas liñas e tamén na nosa sección de TV