Aprolep organiza un pasatempo para celebrar o Día do Leite

Aprolep organiza un pasatempo para celebrar o Día do Leite

Aproxímase a celebración do Día Mundial do Leite (1 de xuño) e a Asociación de Produtores de Leite de Portugal (Aprolep) organiza unha iniciativa dirixida a alumnado e profesorado. Trátase dun pasatempo que pretende reunir a nenos, profesores e pais. O obxectivo é que as aulas dos centros educativos que desexen participar fagan un deseño que relacione esta celebración co Día Mundial dos Nenos.

Cada centro de estudo pode enviar varios traballos, que sexan de diferentes a clases, ata o mércores 26 de maio a marisa.aprolep@sapo.pt. O debuxo debe ter a identificación do grupo correspondente e da institución que representa. Publicaranse nas redes sociais o 27, para realizar a votación ata o 30 de maio. O tres traballos con máis me gustas recibirán, ademais de produtos lácteos:

  1. Material deportivo valorado en 200 €
  2. Un tractor con pedais ofrecido pola Tratorave
  3. Material escolar de Ambar