Aprolep reclama subidas dos prezos para os produtores tras observar aumento de prezos ao consumidor

Aprolep reclama subidas dos prezos para os produtores tras observar aumento de prezos ao consumidor

A  Asociación de Produtores de Leite de Portugal (Aprolep) fai balance das accións levadas a cabo durante todo o ano 2021 ante a subida dos custos de produción e o prezo pagado polo leite aos produtores, “continuamos seis céntimos por debaixo do prezo medio europeo”, aseguran.

A través de diversas concentracións convocadas pola propia Aprolep e das reunións con cadeas de supermercados e coa Asociación de Empresas da Ditribución (APED) puideron transmitir aos diferentes axentes “as dificultades dos produtores de leite e a necesidade de que se incremente o prezo pagado polo seu produto de maneira urxente”.

Esperan agora unha mesma reunión coa Asociación das Industrias Lácteas (ANIL) e reclámanlle á ministra de Agricultura que actúe ante a situación do sector: “Temos a percepción de que a nosa loita comeza a dar froitos. O leite e os produtos lácteos están máis valorizados e as promocións son menos radicais. O consumidor está a pagar un pouco máis, pero é urxente que ese valor chegue ao produtor. Xaneiro está aí e virá con novos aumentos dos custos de produción. Non hai máis tempo para desculpas e atrasos. Estamos nun oco sen saída”.

Comunicado