Aprolep solicita medidas urxentes para afrontar as consecuencias da guerra de Ucraína

Aprolep solicita medidas urxentes para afrontar as consecuencias da guerra de Ucraína

A Asociación de Produtores de Leite de Portugal (Aprolep) emitiu un comunicado para pedir medidas urxentes ante as consecuencias da guerra de Ucraína. Expoñen que a situación económica dos produtores de leite viuse agravada de maneira significativa nos primeiros meses de 2022 polo aumento do custo da ración, a enerxía e os abonos. Así mesmo, explican que a guerra de Ucraína disparou os prezos do gasóleo e a electricidade, ademais de que xurdiron dúbidas sobre a dispoñibilidade de cereais para as racións.

Por iso, esixen ao Goberno e á Unión Europea que suspenda de maneira excepcional a normativa da PAC que impide o cultivo en todos os terreos agrícolas dispoñibles. Así mesmo, de maneira inmediata pedirá audiencias co presidente da República, a ministra de Agricultura e a futura Comisión Parlamentaria de Agricultura. Ademais de convocar reunións coas asociacións representativas da industria e da distribución e establecer contactos con outras organizacións agrícolas e os principais compradores de leite en Portugal.

Se non houbese unha resposta a curto prazo na actualización do prezo do leite aos produtores, manifestaranse de forma sucesiva á porta das principais industrias e cadeas de distribución ata que os prezos sexan actualizados para permitir a supervivencia do sector e garantir a seguridade alimentaria de Portugal.

Comunicado