A Asociación Española de Produtores de Vacún de Carne (ASOPROVAC) expuxo esta semana no Colexio de Veterinarios de Madrid o progreso do seu proxecto LIFE Carbon Farming. A organización que representa o 70 % do vacún de carne en España pretende desenvolver unha ferramenta que recompense aos produtores europeos polos seus esforzos referidos á sustentabilidade.
A iniciativa iniciouse en 2015 e continúa cun equipo de expertos distribuídos en seis países participantes. Setecentas granxas de vacún de carne e leite están incluídas cos seus plans de redución de carbono.
No transcurso do encontro adiantaron que próximamente estará dispoñible a ferramenta BOVID-CO2, dirixida a profesionais interesados en xestionar a pegada de carbono nas súas producións. A xerente de Asoprovac nacional, Matilde Moro, destacou que "o obxectivo final é que empresas externas ao sector ou da propia cadea de valor poidan investir na descarbonización do sector vacún, un sector crucial para o medio rural do noso país que proporciona emprego directo a máis de 150.000 familias".
Felipe Vilas, presidente do Colexio de Veterinarios de Madrid, e Ricard Godia, presidente de Asoprovac, presentaron unha xornada na que se involucraron representantes da academia, a administración central e rexional, produtores, consultores ou profesionais da cadea de valor.