Os avances no proxecto ClienFarms exporanse nunha xornada sobre emisións no Ciam

Os avances no proxecto ClienFarms exporanse nunha xornada sobre emisións no Ciam

O 30 de xaneiro desenvolverase unha xornada técnica no Ciam, situado na localidade coruñesa de Mabegondo, para dar a coñecer os avances no proxecto ClienFarms. Ademais, os ponentes convidados analizarán, nos seus respectivos ámbitos, as medidas implementadas en relación á mitigación de emisións.

As ponencias comezarán ás 16:00 h coa participación de Francisco Ónega, responsable de investigación e ciencia no Servizo de Apoio da Asociación Europea para a Innovación na Agricultura (EIP-AGRI). O seu enfoque temático céntrase nos sistemas de rumiantes e na dixitalización.

Posteriormente, intervirá o equipo de investigadores de produción de leite do Ciam - Agacal para presentar os resultados de ClienFarms en granxa, xunto coas propostas de progreso deste plan.

Antes do debate final entre público e ponentes, tamén acudirá ao evento Pablo Modernel, xestor de programas de natureza agrícola en Friesland Campina.

Consulta o programa completo