O Consello Portugués de Saúde do Úbere (CPSU) retoma a organización dos Encontros Ibéricos de Calidade de Leite que terán lugar o 8 de novembro. Ademais, ao día seguinte, a entidade celebrará a súa novena conferencia anual. Ambos os eventos desenvolveranse na cidade portuguesa de Barcelos.
Os Encontros Ibéricos transcurrirán en sesión de tarde con varios simposios. Analizaranse as terapias de secado da man de Alejandro López, Cronomilking; Oriol Franquesa, Q-Llet, SLP; Carlos Noya, Seragro; Alejandra Martorell, Psvet Dairy Consultant; João Sousa, Segalab; Luís Pinho, SVA; Joana Correira, CAVC, e Nuno Tavares, MPLVET.
Algúns destes relatores participarán ao día seguinte na conferencia anual do CPSU; por exemplo, Alejandro López ofrecerá dous relatorios: un titulado "Lactokeeper e outros sensores na xestión de datos e predición na saúde do ubre", e outro "Os diferentes tipos de camas, a súa xestión e monitorización recomendada". Tamén repetirá aparición Oriol Franquesa, cuxa intervención versará sobre o adestramento de equipos multiculturais nas salas de muxidura utilizando novas tecnoloxías.
Ademais, na xornada ofrecerá conferencias Michael Farre, acerca dos axentes causantes de mastites non habituais e sobre as novas perspectivas de xestión de persoas na produción de leite. Carla Silva explicará os diferentes métodos de diagnóstico de mastites e Rui Martins profundizará en Mypocket Vet, "un pequeno laboratorio na palma da man aplicado á saúde do ubre". Desde a entidade organizadora tamén brindarán a súa visión sobre o benestar animal na calidade do leite.