A queixería Bisqato (Guitiriz), un proxecto posto en marcha polos veterinarios María Veiga e Miguel Garea, acaba de gañar o primeiro premio de Talento del Queso, un galardón organizado polo Instituto del Queso cuxo obxectivo é seleccionar o mellor proxecto queixeiro do panorama nacional.
O Talento del Queso pretende dar a coñecer o bo saber facer de todas aquelas persoas que se dedican á elaboración destes produtos sen igual. O público asistente puido coñecer as 10 mellores candidaturas, que defenderon os seus proxectos fronte a un xurado altamente cualificado.
As queixerías participantes da final foron: Bisqato (Guitiriz, Galicia), Campo Capela (A Coruña, Galicia), Cortijo de Pavón (Guía, Las Palmas), Dehesa de los Llanos (Albacete), El Cabriteru (Las Arenas, Asturias), Finca Pascualete (Trujillo, Cáceres), Los Caserinos (Villaviciosa, Asturias), Quesería Jaramera (Torremocha de Jarama, Madrid), Quesos Ruperto (San Javier,Murcia) e Quesos y Besos (Guarromán, Jaén).