Mañá ás 13:00 horas comezará a emisión do quinto capítulo de La Hora del Robot, o coloquio online bimensual para resolver dúbidas sobre os robots de muxido organizado por Hipra. Nesta ocasión, participarán os veterinarios de calidade do leite de Albaitaritza Borja Apellaniz e Jorge Eseverri. Todo o evento poderá seguirse en directo a través da web e da páxina de Facebook de Vaca Pinta.
ENVÍANOS AS TÚAS DÚBIDAS ANTES DA EMISIÓN
Lembrámosvos que os espectadores poderedes enviar en directo, mediante comentario en Facebook, as vosas dúbidas para os expertos ou, se o preferides, tamén podedes deixar xa os vosos comentarios enviando un mail a redaccion.vacapinta@ctransmedia.com ou a antonio.souto@hipra.com, ou ben escribindo un whatsapp ao 626 290 803.