A Asociación Internacional de Estudantes Agrícolas da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (IAAS-UTAD) impulsa novamente as Xornadas de Bovinicultura en Vila Real (Portugal) sobre a produción de vacún. A décima edición celebrarase o venres 11 e o sábado 12 de abril.
A espera de coñecer a programación definitiva, a entidade organizadora abriu as inscricións con diferentes promocións de desconto. Ata o 28 de febreiro, despacharanse entradas con prezo reducido tanto para estudantes socios como para estudantes non asociados e profesionais do sector. Ademais, tamén existe a posibilidade de obter un prezo máis económico ao inscribirse en grupo.