Central de Frades organiza mañá unha xornada formativa para gandeiros en Ponte Carreira

Central de Frades organiza mañá unha xornada formativa para gandeiros en Ponte Carreira

A Cooperativa Central de Frades impulsa unha nova xornada de formación gratuíta dirixida a gandeiros e profesionais do sector, que se celebrará este mércores 26 de febreiro no Centro Sociocultural de Ponte Carreira (Frades, A Coruña). O evento reunirá expertos en sanidade animal, nutrición e reprodución, cun enfoque práctico para mellorar a rendibilidade e sustentabilidade das explotacións gandeiras.

Un dos temas principais será a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica. Sergio R. Pedrouzo, do Servizo Técnico Ruminantes de Veto, explicará os últimos avances na súa prevención e control. Ademais, Mariano Sánchez Valdés, de 3F Technology, afondará na optimización da alimentación do gando, incidindo na fermentación e conservación das forraxes. Pola súa banda, Juan Cainzos, director mundial de GENEadvance en ABS, abordará estratexias para mellorar a eficiencia reprodutiva das granxas.

A xornada terá lugar de 11:00 a 13:20 horas. As prazas son limitadas e recoméndase confirmar asistencia no teléfono 981 69 21 05.