O mercado gandeiro de Chantada abrirá as súas portas este sábado, 2 de marzo, para celebrar unha nova edición da poxa de gando frisón organizada por Africor Lugo, en colaboración co Concello de Chantada e a cooperativa Aira. Poranse á venda un total de 15 vacas paridas e 4 xovencas próximas ao parto.
Coa colaboración de Xenética Fontao, os compradores recibirán tres doses de Sundowner e tres de Ripley por cada animal adquirido na poxa.