Chantada celebrará este sábado unha nova poxa de gando frisón

Chantada celebrará este sábado unha nova poxa de gando frisón

Tras o parón obrigado pola pandemia, Africor Lugo retoma a organización de poxas de gando frisón e este sábado 12 de marzo terá lugar a primeira do ano na provincia no mercado gandeiro de Chantada.

A partir das 12:00 horas, poranse á venda un total de 17 animais: 12 vacas paridas e 5 xovencas próximas ao parto.

Coa colaboración de Xenética Fontao, os compradores recibirán tres doses de Airas e tres de Caramelo por cada animal adquirido na poxa.

Consulta xa nesta ligazón a listaxe de animais