María Jesús Saínz, Adela Martínez, María Isabel García Pomar e María José Bande participan este mércores nunha xornada aberta ao público, organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Ciam), situado na Coruña.
A entidade conmemora os 25 anos de ensaios de variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia. Para participar é necesario inscribirse a través do correo electrónico maria.jose.bande.castro@xunta.gal ou no teléfono 881 881 848.
O encontro comeza este mércores a partir das 10:00 h. A presentación correrá a cargo de Martín Alemparte Vidal, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL).
María Jesús Saínz, do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela (USC), protagonizará a primeira ponencia. A continuación, Adela Martínez, do Principado de Asturias, abordará as oportunidades que ofrece o millo forraxeiro na cornixa cantábrica.
Tras unha pausa para o café, será a quenda de María Isabel García Pomar, investigadora do Ciam, que explicará unha serie de recomendacións para a fertilización do millo.
Ás 12:45 h está previsto que tome a palabra María José Bande, investigadora do Ciam, para avaliar as variedades comerciais de millo forraxeiro que se estudaron nos últimos 25 anos en Galicia.
Para rematar o acto, terá lugar un foro de debate baixo o título “O millo cambiou á sociedade ou foi a sociedade quen cambiou o millo?”. Nel participarán poñentes e asistentes e estará moderado por José Manuel Gegúndez, director executivo de Vaca Pinta.