Clausurada a IV Escola Iniciación de Futuros Gandeiros en Lalín

Clausurada a IV Escola Iniciación de Futuros Gandeiros en Lalín

Xa son catro as edicións celebradas da Escola Iniciación de Futuros Gandeiros, unha iniciativa posta en marcha pola Federación Frisona Galega, en colaboración co Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia e co apoio de CLUN, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Lalín. A cuarta edición, que se celebrou desde o pasado 26 de xullo e que contou con rapaces e rapazas de entre 8 e 17 anos, puxo hoxe o broche de ouro cun acto na Finca Mouriscade de Lalín (Pontevedra).

Tras esta clausura, comezan xa os preparativos para a seguinte edición, a V Escola Iniciación de Futuros Gandeiros, que se desenvolverá na mesma localización os días 19, 20, 21, 22 e 23 de agosto.