CLUN anuncia que as persoas asociadas a esta cooperativa agrogandeira verán incrementados os seus ingresos pola recollida do leite en orixe, aínda que non concreta o importe. Será o segundo incremento anunciado por CLUN en catro meses, que entrará en vigor desde o 1 de outubro. "O noso obxectivo é a maior estabilidade do sector", sinala Juan Gallástegui, secretario xeral da cooperativa, e engade que "o obxectivo de CLUN é un rural galego do que vivir e no que vivir".
Desde a empresa confirman que están a negociar coa distribución tarifas que poidan repercutir positivamente nos gandeiros, para que o prezo de venda do leite no lineal poida compensar o aumento dos custos de produción. "O reto para CLUN é seguir incrementando o prezo do leite en orixe en datas próximas, a medida que as empresas distribuidoras váianse sumando á estratexia de apoio ao sector", explica Gallástegui.