CLUN escolle a Juan Gallástegui como novo director xeral

CLUN escolle a Juan Gallástegui como novo director xeral

A decisión do Consello Reitor de CLUN de nomear a Juan Gallástegui Baamonde como novo director xeral da cooperativa foi unánime. Con esta escolla, CLUN continúa o seu proceso de renovación de equipos no que se creou unha nova dirección de división láctea e se incorporaron varios responsables comerciais e industriais con ampla experiencia no sector.

Gallástegui, secretario xeral da cooperativa desde decembro de 2020, asumirá as funcións que desde fai catorce meses exercía o Comité Executivo, do que formaba parte.

José Ángel Blanco Purriños, presidente de CLUN, destacou que o obxectivo da cooperativa é avanzar na profesionalización e modernización da área executiva e que, neste sentido, Gallástegui acreditou durante a súa carreira en CLUN unha capacidade de xestión, de diálogo e de iniciativa que o fan idóneo para que se aborden novos retos de futuro.