CLUN logra en 2023 os seus mellores resultados e reivindica que as cooperativas lideren o futuro do lácteo galego polo seu respecto ao sector

CLUN logra en 2023 os seus mellores resultados e reivindica que as cooperativas lideren o futuro do lácteo galego polo seu respecto ao sector

A cooperativa rural galega CLUN, que fabrica e comercializa as marcas lácteas Feiraco, Clesa e Únicla, aprobou hoxe as contas do último exercicio 2023 na súa Asemblea Xeral Ordinaria, celebrada na súa sede de Ames.

O balance arroxa a maior facturación da historia da cooperativa, alcanzando preto dos 267 millóns de euros, cun aumento do 61 % respecto ao 2022, ata chegar a preto de 8 millóns de euros. Ademais, rexistrou un resultado neto positivo en todas as empresas do grupo e aumentou as súas exportacións ata alcanzar 65 países.

O director xeral de CLUN, Juan Gallástegui, destacou que se trata das mellores contas da cooperativa desde a súa fundación e que, tras varios exercicios de crecemento, plasman definitivamente a superación dos problemas que se arrastraban desde hai moitos anos, pero, sobre todo, quixo subliñar “o modo que a cooperativa escolle para medrar: desde o respecto ao traballo que se fai no campo e nas granxas”.

O presidente da Xunta cualificou a CLUN como “sinónimo de calidade, cooperación e compromiso co rural e coa terra” e dixo que “ten capacidade para chegar cada vez máis alto”.