O Colexio de Veterinarios de Lugo ofrece unha sesión de Intelixencia Artificial con Néstor Guerra

O Colexio de Veterinarios de Lugo ofrece unha sesión de Intelixencia Artificial con Néstor Guerra

O Colexio de Veterinarios de Lugo organiza unha conferencia sobre Intelixencia Artificial Xenerativa o 22 de novembro ás 19:00 h unha conferencia sobre a Intelixencia Artificial Xenerativa. A actividade diríxese non só a profesionais veterinarios, senón tamén ao conxunto de sanitarios. Terá lugar no Salón de Actos do edificio dos Colexios Sanitarios da cidade lucense (rúa Ramón y Cajal, 2).

Néstor Guerra, enxeñeiro en telecomunicacións e experto en IA, será o encargado de impartir a formación durante 90 minutos. Presentará distintas aplicacións que xa están dispoñibles para mellorar a práctica clínica diaria e experimentará co potencial destas tecnoloxías como ferramentas de apoio para o racionamento clínico asistido.

O Colexio pretende ofrecer unha visión práctica e realista de como a IA está a transformar a medicina veterinaria. Entre os obxectivos do encontro, búscase comprender por que e como aprenden as máquinas, explorar a síntese de voz para consultas e congresos ou o análise de imaxes con IA multimodal.