Os colexios galegos benefícianse novamente das axudas de Medio Rural para a distribución de leite e froita

Os colexios galegos benefícianse novamente das axudas de Medio Rural para a distribución de leite e froita

Máis de 300 centros galegos recibirán unha nova axuda destinada ao subministro de froita fresca, castañas e leite. A Consellería do Medio Rural dota aos colexios dunha axuda que supera o millón de euros para esta cuestión.

Esta iniciativa está coordinada polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), adscrito á Consellería do Medio Rural. O orzamento está financiado ao 100 % con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, visitou o CEIP Froebel, na cidade de Pontevedra, un dos colexios beneficiarios deste programa. Estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, e polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera.

"O obxectivo desta medida é potenciar o consumo de froita e leite entre os nenos e os máis novos, creando así hábitos alimentarios saudables que poidan manter no futuro", indicou a titular do departamento.