A Federación Frisona Galega, en colaboración co Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia, organiza para este verán dous novos cursos da Escola Iniciación de Futuros Gandeiros. Hoxe comeza a cuarta edición, que se desenvolverá na finca Mouriscade de Lalín (Pontevedra) durante estes días, ata o martes 30.
Esta mañá tivo lugar o acto de presentación. Os participantes son rapaces e rapazas de entre 8 e 17 anos.
Durante o mes que vén celebrarase a V Escola Iniciación de Futuros Gandeiros, no mesmo lugar e do 19 ao 23 de agosto.