Comunicado do Ligal en relación coas problemáticas coas analíticas sinaladas por Agromuralla

Comunicado do Ligal en relación coas problemáticas coas analíticas sinaladas por Agromuralla

En resposta á nota de prensa remitida por Agromuralla o pasado venres, o Ligal enviou o seguinte comunicado:

O Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) é unha Asociación sen Ánimo de Lucro creada en xuño de 1989. No Ligal están representados paritariamente os representantes do sector industrial e produtor do leite de Galicia formando parte as organizacións profesionais agrarias: Sindicato Labrego Galego-Comisións labregas e Unións Agrarias de Galicia; a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) e a Federación Nacional de Industrias Lácteas (FeNil). Foi declarada de utilidade pública pola Orde INT/2091/2003 de 26 de xuño.

O Ligal é un reflexo da situación estrutural do noso potente sector lácteo, sendo o laboratorio interprofesional de maior dimensión de España, o máis automatizado e co maior volume de mostras e obtención de determinacións paramétricas do Estado e é un punto fundamental no control da trazabilidade e seguridade alimentaria do leite producido en Galicia.

Ten un carácter multiservizo con múltiples actividades, a principal é a análise de mostras para o establecemento do sistema de pago por calidade do leite cru. Complementariamente realízanse determinacións para: o control leiteiro sobre vaca individual, a sanidade animal, os alimentos do gando, os queixos e outros produtos lácteos; ou a certificación de produto e a I+D+i. Colabora estreitamente coa Administración e está caracterizado polas fortes esixencias de calidade sobre os ensaios, tanto internas como externas, que se reflicten na aposta clara e decidida pola máxima calidade nos procedementos analíticos. Neste sentido o Ligal dispón de máis de 60 ensaios acreditados pola Entidade Nacional de Acreditación (Enac), entre os que están incluidos todos os parámetros para o sistema do pago por calidade: materia graxa, materia proteica, extracto seco magro, punto crioscópico, recontos bacteriolóxico e de células somáticas e a detección de inhibidores do crecemento bacteriano.

A acreditación implica a garantía de control, trazabilidade e aseguramento dos procesos de análise implementados no laboratorio, baixo a Norma UNE-EN ISO/IEC 17025: 2005. Esta acreditación implica a revisión dos ensaios do Ligal por Enac, polo que a nosa actividade é evaluada regularmente por terceiros e a validez dos resultados das mostras é otorgada por expertos independientes e imparciais. Esixe, entre outros requirimentos, a adquisición de materiais de referencia certificados e a participación en ensaios de intercomparación con outros laboratorios que realizan a mesma actividade baixo normas de referencia, tanto nacionais coma internacionais, co obxetivo da armonización e verificación dos procedementos laboratoriais de análise.

No Ligal os equipos calíbranse segundo mostras patrón internas e externas, están controlados en tempo real e contan cun sistema de alerta ante posibles desviacións. Cando isto ocorre as mostras pásanse novamente por outro equipo, recalibrando ou actuando o persoal de mantemento sobre a incidencia detectada. Na rutina de análise cada 100 mostras ou tras reinicio por unha parada técnica inclúese unha mostra patrón. Os resultados analíticos están suxeitos a un control estatístico adicional sobre a poboación de referencia de cada produtor.

Polo tanto, o obxetivo principal do Ligal é a determinación dos parámetros analíticos de pago por calidade cumprindo a lexislación vixente e as normas de referencia, así como dos procedementos internos de calidade do laboratorio conducintes á emisión de resultados válidos, trazables e verificables polas partes. A lexislación e a normativa de aplicación especifican os requisitos técnicos que garanten a fiabilidade dos resultados, tanto nas directrices para a toma e transporte de mostras como as relativas ás técnicas de análise.

No sistema de pago por calidade os diferentes parámetros soen quedar suxeitos a primas/descontos sobre o prezo base pagado polos operadores, segundo umbrais reflexados nos contratos entre as partes e que non teñen por qué ser coincidentes entre as diferentes empresas, tanto no relativo aos umbrais como ao periodo temporal de referencia para a súa aplicación. Cómpre indicarse que determinados parámetros de calidade, como por exemplo a materia graxa e proteica ou o punto crioscópico, están suxeitos a variacións estacionais que non son exclusivas da nosa Comunidade senón que se replican en otras rexións e zonas produtoras. En calquera caso o Ligal non participa na contractualización que é exclusiva das partes: operador e produtor, limitándose á emisión de resultados en base á normativa de referencia cun sistema acreditado de análise.

Os clientes para pago por calidade, ante a dúbida sobre os resultados emitidos, poden solicitar a actuación do servizo de inspección para a toma directa de mostra en explotación, cuxo resultado se contrastará coa poboación de referencia. Os resultados mensuais e a media anual móvil dos parámetros de calidade global son publicados periódicamente na páxina web, sendo o único laboratorio que nun exercicio de transparencia os ten dispoñibles.

O Ligal tense mostrado ao longo da súa lonxeva traxectoria como un espazo transparente de convivencia entre as partes, nas que se debaten diferentes propostas a prol do beneficio do sector lácteo galego no seu conxunto, nun clima construtivo e de respeto e acaído tanto coa lexislación de referencia coma na salvagarda da máxima calidade nos procesos de análise e emisión de resultados aos clientes.