Continúa aberto o prazo de inscrición para ocurso de tomador de mostras da Eilza

Continúa aberto o prazo de inscrición para ocurso de tomador de mostras da Eilza

A Escola de Industrias Lácteas de Zamora (Eilza) mantén aberto o prazo de inscrición para un curso de tomador de mostras de leite que se desenvolverá de forma presencial no IES Alfonso IX de Zamora durante os días 9 e 10 de outubro. En total serán 7 horas lectivas, cun horario de 16:00 a 19:30.

Para matricularse é necesario aboar unha cantidade de 150 € no caso de patronos e de 165 € para non patronos.