Convocada a VI Reunión de Primavera da SGPF

Convocada a VI Reunión de Primavera da SGPF

Logo dun ano de parón pola pandemia, a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes retoma a actividade habitual coa convocatoria dunha nova edición da súa Reunión de Primavera.

Terá lugar en Vilela (Navia de Suarna, Lugo) os días 25 e 27 de xuño e o tema central será o caprino como alternativa de aproveitamento do monte nos Ancares. 

Nesta ocasión, a cita celebrarase de maneira conxunta coas Xornadas de Silvipastoreo e Desenvolvemento Rural, organizadas pola asociación SER e a Deputación de Lugo, o que reforza unha reunión na que se abordarán temas como a incorporación ao rural, o desenvolvemento do sector e o aproveitamento dos recusos. 

A inscrición previa é obrigatoria, posto que o aforamento é limitado. As prazas asignaranse por orde de solicitude.