A Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Silleda celebrará o vindeiro martes, 27 de febreiro, ás 10:00 h no auditorio municipal de Lalín unha reunión informativa relativa ás axudas de plans de mellora e incorporación á actividade agraria convocadas na orde do 2 de xaneiro de 2024.
Desde a OAC de Silleda solicitan que os asistentes comuniquen as posibles dúbidas xurdidas a este correo electrónico juan.antonio.ortega.martinez@xunta.gal para mellorar o aproveitamento da xornada.