Curso gratuíto para analizar sensorialmente produtos lácteos

Curso gratuíto para analizar sensorialmente produtos lácteos

A Universidade de Santiago de Compostela organiza un curso gratuíto sobre a análise sensorial de produtos lácteos na Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Lugo) o próximo 28 de xuño.

Esta formación, que está dirixida a profesionais del sector alimentario, terá unha duración de 8 horas en que se impartirán conceptos teóricos e tamén haberá unha parte práctica. Para inscribirse ao curso, hai que enviar un correo a formacion@aplta.es