Curso gratuíto sobre competencias empresariais en explotacións gandeiras en Curtis

Curso gratuíto sobre competencias empresariais en explotacións gandeiras en Curtis

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e en colaboración co Concello de Curtis (A Crouña), organiza unha formación para potenciar as competencias empresariais nas explotacións gandeiras. O curso dará comezo o 26 de outubro no Centro Etnográfico de Teixeiro da localidade coruñesa e será de 09:30 a 14:30 horas.

A primeira sesión centrarase no mercado lácteo desde a perspectiva do consumidor e será impartida por Rafael Prieto. O 2 de novembro, Daniel Cuadrado será o encargado de abordar a optimización na xestión fiscal da explotación gandeira. A seguinte cita será o 9 de novembro e nela tratarase o control dos custos e a elaboración de orzamentos, da man de Gerardo Estévez. Emilio Pérez intervirá o 16 de novembro para falar sobre a mellora das habilidades e destrezas directivas. Carlota Sánchez ofrecerá as dúas últimas sesións, que serán os días 23 e 30 de novembro, e centraranse nos instrumentos financeiros para o crecemento e o desenvolvemento da explotación.

A formación é totalmente gratuíta e é imprescindible realizar a inscrición a través dos teléfonos 981 789 003 ou 981 777 105.