A Ganadería Penaval SC, de Lugo, acollerá o próximo 23 de novembro unha xornada gratuíta organizada polo equipo de Lely Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, titulada Tecnificación das granxas, xestión do traballo e estratexias de planificación con robots de muxido e impartida por Yolanda Trillo.
De 15:00 h a 17:00 h Trillo desenvolverá a charla Últimos avances na automatización das granxas. Estou preparado para xestionar unha granxa robotizada? e de 17:30 h a 20:00 h exporá a experiencia en Ganadaría Penaval.
O número de prazas é limitado e pódese solicitar a asistencia enviando un correo á dirección info@lideresenbienestar.com.