Demetrio Herrera compartirá os seus coñecementos sobre secado selectivo nun curso online de Zoetis

Demetrio Herrera compartirá os seus coñecementos sobre secado selectivo nun curso online de Zoetis

Do 17 ao 30 de maio Zoetis pon a disposición do veterinario de vacún de leite un curso formativo online sobre a terapia de secado selectivo (TSS). Un total de 4 horas lectivas nas que o alumno coñecerá os beneficios do secado selectivo da man do experto en saúde da ubre e calidade de leite Demetrio Herrera.

O curso pretende ser unha guía de apoio que axude a establecer un protocolo de secado selectivo en explotacións leiteiras, de forma que permita diminuír o uso de antibióticos durante o secado en base a criterios obxectivos e baseados en evidencias. Tamén contén un foro de discusión de casos prácticos para compartir experiencias e coñecementos.