Denuncian que Lactalis envía unha carta ameazante para que os gandeiros asinen por baixo dos custos de produción

Denuncian que  Lactalis envía unha carta ameazante para que os gandeiros asinen por baixo dos custos de produción

A plataforma Gandeiros Lácteos Unidos, a cal unifica a varias asociacións e organizacións de produtores de leite, denuncia a través dun comunicado que Lactalis segue presionando baixo ameazas aos gandeiros para que incumpran a lei da cadea alimentaria e asinen os contratos para perdidas. Despois da reunión mantida entre a OPL do Sur e Lactalis onte día 30 de decembro, para a negociación de contratos. Manténdose a OPL en non asinar contratos que non cubran custos de produción como ordena a lei da cadea alimentaria. Para non incumprir por parte dos gandeiros dita lei, ademais tamén de saír prexudicados economicamente ao non cubrir custos co que Lactalis está a ofrecer. A OPL reiterouse en non asinar por baixo de 0,40 céntimos que se estipula como prezo mínimo para cubrir custos. Despois de non chegar a un acordo que satisfaga a ningún dos dous unha vez concluída, deixando aberta seguir tentando a negociación. Pedindo se é necesario que o ministerio nomee a un mediador como di dita lei.
Lactalis esa mesma tarde procede a enviar unha carta ameazante tentado extorsionado aos gandeiros que representa a OPL do Sur. Presionando a asinar a dous días de terminar o contrato. Cando mentres hai unha vontade de seguir negociando o contrato, non poden deixar de recoller o leite como di dita lei. Segundo indica o comunicado, é unha mostra máis da prepotencia e seguridade de impunidade que está empresa fai alarde. Saltándose a lei da cadea alimentaria ríndose do ministerio e provocando aos gandeiros.