O municipio coruñés de Santa Comba acollerá este domingo 26 de xaneiro a 23.ª edición da Subasta de Gando Frisón, organizada por Africor Coruña e o Concello de Santa Comba. O acto celebrarase a partir das 11:00 h no recinto feiral.
En total ofreceranse 19 animais, a maioría vacas de primeiro parto, que proceden de nove ganderías coruñesas e gozan de todas as garantías sanitarias.
O sábado os exemplares entrarán no recinto e haberá exposición de gando, xunto con postos de empresas do sector.
Previamente, o venres organizaranse unhas xornadas técnicas sobre vacún leiteiro no Auditorio do Edificio Multiusos.