Este sábado 15 de marzo, Chantada acollerá a primeira poxa de frisón do ano na provincia de Lugo. Organizada por Africor Lugo, o Concello de Chantada e a Cooperativa Aira, a poxa celebrarase a partir das 12:00 h no mercado gandeiro da localidade.
O evento supón unha oportunidade tanto para vendedores como para compradores. Africor Lugo encárgase da recollida dos animais, así como da súa preparación e coidados ata o momento da venda. Ademais, a poxa garante a valorización do traballo de selección mediante a presentación de datos xenalóxicos e facilita a promoción das explotacións participantes.
Para os compradores, a concentración da oferta permite adquirir animais de distintas ganderías con información xenalóxica completa e garantías sanitarias. Os exemplares proceden de granxas próximas e contan con transporte gratuíto dentro da provincia de Lugo. Como incentivo adicional, Xenética Fontao ofrece doses gratuítas aos compradores.