Este domingo 13 de marzo celebrarase en O Mesón do Vento, de Ordes, a partir das 12:00 h da mañá, a III Poxa de Gando Frisón de Ordes, organizada por Africor Coruña e o Concello de Ordes.
Xa podedes consultar a información dos 12 animais que se poñerán á venda na edición dixital do catálogo do evento.