Dispoñible o catálogo de animais da poxa deste domingo en Ordes

O vindeiro domingo 12 de marzo terá lugar no recinto feiral do Mesón do Vento (Ordes) a cuarta edición da Poxa de Gando Frisón organizada pola Asociación de Control Leiteiro Africor Coruña, en colaboración co Concello de Ordes. Nesta nova convocatoria, cuxa finalidade é comercializar as xovencas e vacas nadas e criadas en explotacións gandeiras de Control Leiteiro da provincia, participan un total de 6 ganderías e 11 lotes de animais.