A Finca Mouriscade (Lalín, Pontevedra) levará a cabo unha nova edición da súa poxa de gando frisón o vindeiro martes 29 de abril ás 11:00 horas. Poranse á venda un total de 17 exemplares, cuxa información podes consultar xa no seu catálogo.
Para poder participar na poxa, é imprescindible a inscrición a través da sede electrónica (prazo aberto ata o 16 de abril). Débese achegar o modelo de inscrición previa, a declaración responsable e a acreditación da personalidade, xa sexa mediante o documento nacional de identidade (no caso de persoas físicas) ou a escritura de constitución inscrita no rexistro correspondente (no caso de persoas xurídicas). Tamén se esixe a acreditación de estar inscritos no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA).