A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus Terra acolleu unha nova edición do Ciclo de Conferencias en AgroRobótica, que tivo lugar o mércores 19 de xullo no Salón de Actos e nos Campos de Prácticas do centro en Lugo. Todos os vídeos da xornada están dispoñibles na nosa sección de vídeo.
A edición do ciclo de conferencias en AgroRobótica deste ano puxo o foco no Grupo Internaco, creado en 1976 que ten a súa sede central en Ordes (A Coruña) e que destacou nos últimos anos pola súa aposta no sector da AgroRobótica. Os relatores que interviñeron foron Sergio Grau, director de Vendas de AG Group; Carlos Rivera, responsable de Vendas de Produtos Husqvarna a batería en España e Portugal; Josep Dalmases, responsable do Departamento de Innovación de AG Group, e Sophie Graillot, representante da empresa francesa Naio Technologies en España.
Unha das novidades da presente edición foi que as conferencias se puideron complementar con varias demostracións nos campos de prácticas da EPSE.