A Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos, Africor Lugo, acaba de publicar os galardóns ás mellores ganderías da provincia no ano 2021.
O obxectivo destes premios é recoñecer o esforzo dos gandeiros que traballan día tras día pola mellora da súa explotación, en busca de animais cada vez máis lonxevos e rendibles que permitan producir leite de boa calidade durante moito tempo.
Para estar no grupo das mellores ganderías da provincia é preciso colocarse entre os mellores cen por produción, índices xenéticos e cualificación morfolóxica. Segundo este criterio, os tres mellores da provincia de Lugo en 2021 foron, por esta orde, Casa do Rego (Láncara), Maseda (Pol) e Lodos e Pérez (A Pastoriza).
Ademais, Rodasinde, do Saviñao, logrou ser a mellor por produción media por vaca, con 15.228 kg de leite; Mantoño Holstein, de Barreiros, conseguiu obter a mellor cualificación media, con 89,23 puntos, e Tío Andrés, de Sarria, a mellor por índices xenéticos, cunha media ICO de 3.293.
Mellores ganderías da provincia en 2021
|
Gandería |
Concello |
Cualificación morfolóxica |
Produción por vaca |
Índices xenéticos |
|
CASA DO REGO |
LÁNCARA |
82,71 |
13.972 |
3.004 |
|
MASEDA |
POL |
82,52 |
12.924 |
3.153 |
|
LODOS E PEREZ |
A PASTORIZA |
81,39 |
14.413 |
3.085 |
|
TIO ANDRES |
SARRIA |
83,34 |
12.679 |
3.239 |
|
LEBON |
SAMOS |
81,57 |
13.830 |
3.022 |
|
VEGA |
CASTRO DE REI |
82,35 |
12.893 |
2.978 |
|
COSTUREIRO NOVA |
SARRIA |
82,66 |
13.553 |
2.866 |
|
XUSTO |
CASTRO DE REI |
83,08 |
14.170 |
2.823 |
|
TEIXEIRO |
A PASTORIZA |
82,71 |
12.448 |
3.190 |
|
LACPI |
SARRIA |
81,84 |
12.628 |
3.111 |
|
CANCELA |
SARRIA |
81,35 |
12.991 |
2.917 |
|
MILLAN |
TABOADA |
81,22 |
13.472 |
2.848 |
|
DO REI |
A PASTORIZA |
81,29 |
13.478 |
2.836 |
|
CAS DE PEDRO |
CARBALLEDO |
82,03 |
12.627 |
2.840 |
|
VARELA |
CASTROVERDE |
81,68 |
12.593 |
2.882 |
|
CADENAS |
CASTRO DE REI |
81,28 |
12.472 |
2.900 |
Estes premios serán entregados o vindeiro martes 28 de xuño tras a Asamblea xeral da Asociación.