Distinguidas por Fefriga as mellores vacas e ganderías de Galicia

Distinguidas por Fefriga as mellores vacas e ganderías de Galicia

Con motivo da clausura da IV Escola Iniciación de Futuros Gandeiros, a Federación Frisona Galega (Fefriga) entregou as mencións honoríficas que lle concede cada ano aos mellores criadores e animais de Galicia co fin de promover o sector e renderlles homenaxe polo seu esforzo, dedicación e profesionalidade tomando como base os criterios de produción, ICO e calificación morfolóxica.

A Ganadería Rodasinde SC (O Saviñao) recolleu o premio como mellor explotación por produción, seguida de SAT Lodos e Pérez (A Pastoriza) e de Gandeiría Fondón (Ribadeo). Abonxo (Lalín), Landeira SCG (Negreira) e Finca Mouriscado (Lalín) foron recoñecidas como as tres mellores explotacións de Galicia por ICO e Baixo Holstein (Sarria), Mantoño Holstein (Barreiros) e Finca La Asunción (Touro), como mellores explotacións por calificación morfolóxica.

Entre os animais máis produtores, Zorro Genial 9336 Rula, da ganadería Zorro, logrou ser a primípara máis produtiva; Xusto Braxton Benzema, de SAT Ganadería Xusto, foi a vaca con máis produción e Novoa Gerard Rocio, de Novoa, obtivo o premio como mellor produción vitalicia.

Consulta as listaxes completas nas seguintes ligazóns:

Mellores explotacións por produción 

  • Ganadería Rodasinde (O Saviñao)
  • SAT Lodos e Pérez (A Pastoriza)
  • Gandeiría Fondón (Ribadeo)

Mellores explotacións por ICO

  • Abonxo (Lalín)
  • Landeira SCG (Negreira)
  • Finca Mouriscade (Lalín)

Mellores explotacións por calificación morfolóxica

  • Baixo Holstein (Sarria)
  • Mantoño Holstein (Barreiros)
  • Finca La Asunción (Touro)

Mellores produtoras de Galicia (primíparas)

  • Zorro Genial 9336 Rula (Zorro)
  • As Pandas Sanxurxo 927 (SAT As Pandas)
  • Ferreiro Exten 044 (Ferreiro Rial)

Mellores produtoras de Galicia (vacas)

  • Xusto Braxton Benzema (SAT Ganadería Xusto)
  • Fondon Everest 3269 (Gandeiría Fondón)
  • Rego Kingdom Ketta 1016 (Casa do Rego)

Mellores Producións Vitalicias

  • Novoa Gerard Rocio (Novoa)
  • Val de Muiños Igniter 5558
  • Caseirodernes Goldwyn Xuiza (Caseiro de Ernes)