EFA Fonteboa comeza o 2025 cun curso de reprodución bovina e o III Foro Empresarial Lácteo

EFA Fonteboa comeza o 2025 cun curso de reprodución bovina e o III Foro Empresarial Lácteo

A Asociación EFA Fonteboa presentou o programa de formación para o primeiro cuadrimestre de 2025. Entre as actividades do mes de xaneiro, centradas no vacún leiteiro, destaca o curso de reprodución bovina. Celebrarase os días 21 e 22, e nel trataranse temas como a inseminación artificial, a mellora xenética e os acoplamentos. Aínda que está dirixido principalmente a alumnado de 1º CFGM de Producción Agropecuaria, tamén hai prazas dispoñibles para profesionais.

Ademais, no primeiro mes do ano, comezará o III Foro Empresarial Lácteo, baixo o título de "Organización, posicionamento e xestión estratéxica". O 22 analizarase a organización e a xestión interna da granxa; o 29, a situación dos mercados e a adaptación da xestión das granxas e o 28 de febreiro, os actores da cadea: produtores, industria e distribución.

Neste foro, o horario de cada xornada será de 11:30 a 17:00 h. Editarase un programa detallado cos contidos específicos e os procedementos de inscrición.

Do 10 ao 13 de febreiro (de 15:00 a 20:00 h) está programado o curso de Benestar Animal, unha acreditación para persoal das ganderías, matadoiros e transporte de animais vivos. Está orientado ao alumnado do CFGS de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal, pero facilitaranse prazas para persoas interesadas. Neste caso, o período de inscrición finaliza o 6 de febreiro.

O programa recolle tamén os diferentes intercambios de alumnado da Escola, que realizarán estancias en varios países de Europa, e a asistencia á V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro o 21 de febreiro.

A maiores, presentarase o programa da Área de Experimentación Vexetal para 2025 e levaranse a cabo unhas xornadas de arboricultura, un curso de motoserrista, outro de apicultura práctica e un de rozadoira.