O 14º Concurso Usías Holsteins, mañá en directo en Vaca Pinta

O 14º Concurso Usías Holsteins, mañá en directo en Vaca Pinta

Este sábado, desde as 12:30 horas, poderá seguirse en directo dende a páxina de Facebook e a web de Vaca Pinta o XIV Usías Holsteins, o concurso morfolóxico frisón de Dos Torres (Córdoba) celebrando no marco da Feira de Gando da localidade. Comezará ao mediodía, co xulgamento das seccións de xatas e xovencas, e ás 20:00 horas será a quenda das vacas. A partir das 23:00 horas darase a coñecer o nome da vaca gran campiona do certame.