A Aula de Produtos Lácteos da USC amplía a prestación de servizos tecnolóxicos ao sector alimentario cun esterilizador UHT

A Aula de Produtos Lácteos da USC amplía a prestación de servizos tecnolóxicos ao sector alimentario cun esterilizador UHT

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus de Lugo da USC amplía o catálogo de servizos tecnolóxicos que ofrece ao sector alimentario e nomeadamente ás súas empresas cun equipo de esterilización UHT (Ultra High Temperature) para produtos con viscosidade media e elevada. Esta dotación permite procesar alimentos moi viscosos e tamén aqueles produtos que conteñan partículas ou fibras de pequeno tamaño.

Os produtos alimentarios procesados con este equipo manteñen as características organolépticas e o valor nutricional semellante aos produtos frescos, co engadido de que poden ser conservados en temperatura ambiente durante un tempo prolongado, co que se evita a utilización de conservantes, segundo explica o técnico superior de I+D da APLTA, José Ángel Carballeira. O esterilizador UHT dispón de catro seccións destinadas a realizar un intercambio térmico e presenta unha sección de mantemento que se pode configurar. Este dispositivo tecnolóxico, engade Carballeira, permite regular automaticamente os parámetros de tratamento.

Máis información