A localidade catalá de Vic acolleu esta fin de semana unha nova edición do Concurso Catalán da Raza Frisona Fefric 2022.
O xuíz portugués Bruno Almeida nomeou a Campgran Kerinci Deman, da gandería El Campgran (Sant Martí Sescorts), vaca gran campiona, despois de outorgarlle o premio de vaca adulta campiona. A súa compañeira Campgran Rocksteady Lambda, tamén de El Campgran, conseguiu facerse co campionato de vacas novas.
Entre as xatas e xovencas, Campgran Hsct Pretty War ET, de novo de El Campgran, converteuse na xovenca gran campiona do certame.
O concurso rematou coas seccións de mellor rabaño e mellor criador, gañadas ambas as dúas por El Campgran.
Por último, Fefric entregou o premio á vaca máis produtora de Cataluña a Isern Ernesto Beautiful, da gandería Mais Isern (Vic).