Un ano máis, a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes celebrará a súa VIII Reunión de Primavera os próximos 5 e 6 de maio, no centro multiusos de Melide.
Durante a primeira xornada debatirase sobre a temática do encontro, a gandería ecolóxica no ano 2030, da man de especialistas no sector. O segundo día realizaranse visitas na zona de Melide e Arzúa a varios lugares exemplo de produción e transformación de leite e carne ecolóxicos.
As inscricións son de balde e deben realizarse antes do día 1 de maio a través da dirección de correo electrónico sgpf.galicia@gmail.com; ou ben dirixíndose aos seguintes números de teléfono: 686 620 154 (Eloi) / 628 713 263 (Víctor).