CFEA Sergude acolle un seminario sobre biogás

CFEA Sergude acolle un seminario sobre biogás

CFEA Sergude celebrará o xoves 14 de outubro un seminario sobre miniplantas de biogás nas explotacións galegas. O curso, organizado por Agacal, contará cos técnicos das empresas Norvento Enerxía e Zorg Biogás.

O obxectivo é dar un enfoque práctico á xornada, adaptada ás condicións de Galicia, e responder a varias cuestións: Que dimensión mínima debe ter unha planta de biogás para ser rendible economicamente?, canto custa unha instalación?, hai axudas? ou cal é o custo de mantemento?

Cabe lembrar que desde a UE preténdese reducir para 2030 nun 55 % as emisións de GEI, respecto do ano 1990. A agricultura e gandería ocupan o cuarto posto como sectores que contribúen a esas emisións, por tanto, é necesario coñecer solucións que permitan alcanzar esa redución dos GEI e que poidan servir de fontes de ingresos extra para as explotacións.