O CIAM acollerá o vindeiro venres 22 de setembro unha xornada sobre a vida do solo

O CIAM acollerá o vindeiro venres 22 de setembro unha xornada sobre a vida do solo

"A vida do solo: aumentar producións e rendibilidade con técnicas rexenerativas" é o título da xornada que se celebrará no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) o vindeiro venres 22 de setembro.

O encontro terá lugar de 9:30 horas a 14:00 horas. Haberá un total de cinco charlas da man de varios expertos, que tratarán temas como a vida do solo; fungos, bacterias e miñocas; compactación nas pradarías e novas maneiras de fertilizar.

A asistencia é totalmente grauíta, pero será necesaria unha inscrición previa antes do próximo martes día 19 nesta ligazón, onde tamén se pode consultar o programa completo.