O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) organiza a 8ª edición do Seminario Práctico: Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética. Será o próximo 19 de novembro, de 10:00 a 20:30 horas.
Trátase dunha actividade enmarcada no plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e da información ao agro galego 2021, que se desenvolve durante unha xornada práctica. Entre os obxectivos, está a localización da información (catálogos, webs, análises xenéticas e xenómicas...) e selección da información de interese para cada explotación en función dos obxectivos produtivos. Ademais dunha interpretación adecuada da información e a aplicación práctica en canto aos apareamentos idóneos para conseguir a mellora dos caracteres de interese, selección dos animais para garantir a mellor reposición ou o material xenético galego como material de calidade contrastada para cruces en pureza e cruzamientos industriais. Tamén se abordará o incremento da rendibilidade dunha explotación co manexo adecuado das ferramentas que ofrece a mellora xenética.
As persoas interesadas deberán cubrir a folla de inscrición e remitila ao correo electrónico ciam.cmr@xunta.gal ou por fax (881 881 8000). As prazas son limitadas a 20 persoas.
Máis información na web