VIII CONCURSO MICAELENSE DE OUTONO DE AZORES

O Concurso de Outono de Azores ten nova vaca gran campiona: ORP Mccutchen Maia

O Concurso de Outono de Azores ten nova vaca gran campiona: ORP Mccutchen Maia

Acaba de finalizar o VIII Concurso Micaelense da Raza Holstein Frisia de Outono (San Miguel, Azores), no que ORP Mccutchen Maia, de Óscar Manuel Cordeiro Ponte (Lomba da Maia, Ribeira Grande), se proclamou vaca gran campiona desta edición. O xuíz canadense Brent Howe deulle a palmada da vitoria a este animal, que venceu tamén no campionato de vacas adultas.

Este exemplar repite título, posto que en xuño de 2019 foi a vaca gran campiona do XVIII Concurso Micaelense da Raza Holstein Frisia.