O Concurso Nacional da Raza Frisona, en directo este sábado con Vaca Pinta

O Concurso Nacional da Raza Frisona, en directo este sábado con Vaca Pinta

O 44.º Concurso Nacional da Raza Frisona terá lugar este sábado, como é habitual, no recinto feiral Luis Adaro de Gijón (Asturias). O italiano Giuseppe Beltramino xulgará os animais participantes no certame. Ás 10:00 horas sairán a pista as xatas e xovencas e, a partir das 15:00 horas, as vacas.

No día de hoxe tamén se celebrará o 34.º Concurso Nacional da Raza Parda e, na mañá do domingo, a partir das 10:30 horas, o XXIII Campeonato Nacional de Manexadores.